Saltar ao contido principal

Obxectivos de EtiquétaT

Aínda que se establecen un número importante de obxectivos a conseguir, están todos relacionados entre sí e unha vez que se vaian desenvolvendo, uns levan a outros. 
O propósito rematará coa creación das propias etiquetas identificativas para dispoñer nos pratos e elaboracións creadas diariamente polos alumnos nos obradoiros de cociña e pastelaría do centro. Trataremos tamén de implantar ou modelo de “semáforo nutricional” posto en marcha xa noutros países da Unión Europea que indicarán se un produto é mellor ou peor en función da cantidade de determinados nutrientes presentes nel: as graxas, as graxas saturadas e trans, os azúcres e o sal, habituando, deste xeito, ao alumnado na toma de decisións motivadas para unha dieta máis saudable. Daremos a maior difusión posible do proxecto para que toda a comunidade educativa tome conciencia da importancia do saber comer e promover a elección máis axeitada nutricionalmente. Como as novas tecnoloxías chegan dunha maneira significativa aos nosos alumnos, creamos o blogue do proxecto que anexionaremos á páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdevilamarin/ e tentaremos que sexa visualmente atractivo, motivador e acorde ás expectativas dos diferentes grupos de alumnado cos que contamos no IES; nel iremos subindo os traballos realizados e incentivando deste xeito aos rapaces implicados para conseguir un reforzo positivo pola súa dedicación e o seu saber facer. 
Ao mesmo tempo, contamos que, o resto do alumnado, que non participa activamente no proxecto, tome conciencia e amplíe os seus coñecementos, animando, ademais, para futuras colaboracións ou propostas de proxectos. 

Os obxectivos iniciais do Proxecto EtiquétaT son os seguintes: 
  • Identificar a cadea alimentaria, o manipulador de alimentos e a etiqueta na seguridade alimentaria. 
  • Coñecer os conceptos básicos sobre a seguridade e hixiene alimentaria e valorar a sua importancia. 
  • Analizar a normativa xeral aplicada á manipulación de alimentos e á hixiene. 
  • Coñecer o regulamento (UE) 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor. 
  • Analizar as ETAS (enfermidades transmitidas por alimentos), así coma os tipos, axentes causantes e mecanismos específicos de prevención (Perigos sanitarios. Riscos e toxiinfeccións asociados aos malos hábitos de hixiene). 
  • Coñecer os métodos de conservación dos alimentos e as boas prácticas alimentarias (guía de prácticas correctas de hixiene GPCH). 
  • Coñecer, identificar e aplicar as boas prácticas nos distintos procesos da manipulación de alimentos: recepción, almacenaxe, conxelación e desconxelación, abatimento, procesado e mantemento. 
  • Coñecer o APPCC e a relevancia da rastrexabilidade na seguridade alimentaria. 
  • Analizar o impacto ambiental, e promover unha concienciación ao respecto. Investigar os produtos de proximidade e a reducción do desperdicio. 
  • Establecer pautas significativas para acabar unha dieta saudable e equilibrada (pirámide/ roda dos alimentos, necesidades nutricionais por idades, hábitos de vida saudables, etc.) 
  • Coñecer e distinguir o etiquetado aplicado aos diferentes produtos alimentarios e analizar a información que debe conter. 
  • Recoñecer os alimentos con selos de calidade diferenciada (DOP, IGP, ETG) e localízalos xeográficamente.
  • Investigar acerca do uso de prácticas fraudulentas na etiquetaxe de produtos alimenta- rios e mitos en torno á alimentación. 
  • Valorar e analizar os materiais que poden estar en contacto cos alimentos e promover os embalaxes ecolóxicos. 
  • Realizar etiquetas identificativas para os diferentes produtos elaborados nos talleres-obradoiro do centro e promover unha educación para un consumo responsable, educación en valores e hábitos de vida saudables de toda a comunidade educativa.
  • Crear un blog na páxina do IES e colgar información relativa e documentación axeitada aos contidos para que o resto da comunidade educativa teña acceso a toda a documentación e poidan tirar proveito do proxecto.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Elaboramos e deseñamos a etiquetaxe do noso vermú vermello artesán!!

De colaboracións tan axeitadas coma a dos módulos: (MP0182) Formación e orientación laboral plurilíngüe que se imparte no Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos 1º curso (Dual). Prof.- Olga Painceira, (MP0150) Operacións básicas en bar e cafetaría do Ciclo Medio de Servizos en Restauración 1º curso. Prof.- Iván Antelo e (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva Fachado, nacen ideas de innovación tan creativas coma a elaboración dun vermú tradicional feito cos botánicos  clásicos (previa identificación e estudio) e a estructuración da etiquetaxe da botellería traducida ao galego. Unha bebida na que a súa orixe se remonta ao século XVIII e que na actualidade está tan en auxe.

Proxecto EtiquétaT

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.  O proxecto EtiquétaT acóllese ao abeiro do Programa Galicons-net do Instituto Galego de Consumo que, a través da Escola Galega de Consumo , axúdaranos a acadar un dos principais obxectivos, potenciar a educación para o consumo responsable nos centros educativos, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado nos distintos ciclos formativos e familias profesionais cos que contamos no IES de Vilamarín, sería o caso de Hostalaría - Turismo e Industrias Alimentarias. Trátase, polo tanto, dun proxecto interdisciplinar no que nos acollémos á modalidade e) etiquetaxe dos bens e produtos alimenta

O NOSO "CHEGHAR E ENCHER" DE VILAMARÍN.- AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DOS RAPACES DA FPB

AS COMIDAS PARA LEVAR DE VILAMARÍN, AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DE 1º DA FPB En colaboración cos módulos e ciclos de: - (MP0498) Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña do Ciclo Superior de Dirección de Cociña 2º curso. Prof.-Martín Álvarez. - (MP0048) Produtos culinarios do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía 2º curso.- Prof.: Natividad Neira. - (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva fachado, organizamos o noso “cheghar e encher” , as comidas para levar do IES de Vilamarín aberto a toda a comunidade educativa previa reserva.  Potenciouse a alimentación saudable, estudiáronse os alérxenos alimentarios, a simboloxía básica presente nos produtos elaborados e o respecto do medio a través do emprego de recipientes desbotables sostibles e biodegradables (de cana de azucre e folla de palma), o inicio a unha educación de concienciación e promoción de embalaxes ecol