Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

ASFEGA.- Identificación das proteínas e elaboración de menús sen elas.

MOITAS GRACIAS A ASFEGA POR VIR A VISITARNOS E CONTARNOS COUSAS INTERESANTES SOBRE A FENILCETONURIA E OUTRAS ENFERMIDADES METABÓLICAS O tratamento de moitas enfermidades  metabólicas hereditarias que implican o metabolismo dos  aminoácidos e ácidos orgánicos baséase na restrición de proteínas naturais da dieta. O seguimento estrito destas dietas evita as descompensacións  metabólicas dos pacientes e mellora notablemente o prognóstico destas enfermidades. Varios membros de ASFEGA viñeron ao IES de Vilamarín para informarnos sobre que é a  fenilcetonuria e outras enfermidades metabólicas: - Que alimentos conteñen máis  fenilalanina? - Que é a  fenilalanina? O contido en  fenilalanina dos alimentos vai ligado ao contido  proteico dos mesmos.  As carnes, aves, peixes, ovos, leite e derivados son os alimentos que conteñen na súa composición maior cantidade de proteínas e por tanto son os máis restrinxidos. Conteñen menos cantidade de  fenilalanina os cereais pero débe

AZUCRE PANTASMA +TODA UNHA VIDA AZUCRADA

 Compartindo sinerxias entre os módulos (MP3009)Ciencias aplicadas I e (MP3036)Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación , nacen e medran traballiños coma o que vos mostramos:  - Estudamos e entendemos a estrutura da glucosa para logo lograr identificar e analizar a etiqueta nutricional de produtos alimentarios da vida cotiá. - Traballamos novas metodoloxías coa APP sinAzucar. org : trátase dun proxecto artístico que pretende mostrar mediante a fotografía a cantidade de azucre libre que teñen na súa composición moitos dos alimentos que consumimos habitualmente. A través desta iniciativa, descubrimos que a OMS recomenda reducir a unha cuarta parte (25 gramos diarios) o azucre que se inxere de media en Europa occidental. Pero cando consumimos calquera deses alimentos, de cando en cando somos conscientes da cantidade que nos estamos metendo no corpo, a pesar de que este ingrediente pode crear dependencia e o seu abuso produce sobrepeso,