Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

Flappy Cheff.- Videoxogo

Flappy Cociñeiro Traballo feito por Brais G.P. do Ciclo Básico de Cociña e Restauración; modificamos o xogo inicial e ambientámolo coa temática do proxecto.  Dádelle ao play!!   ↓ ↓ ↓ https://scratch.mit.edu/projects/280279891/

Obxectivos de EtiquétaT

Aínda que se establecen un número importante de obxectivos a conseguir, están todos relacionados entre sí e unha vez que se vaian desenvolvendo, uns levan a outros.  O propósito rematará coa creación das propias etiquetas identificativas para dispoñer nos pratos e elaboracións creadas diariamente polos alumnos nos obradoiros de cociña e pastelaría do centro. Trataremos tamén de implantar ou modelo de “semáforo nutricional” posto en marcha xa noutros países da Unión Europea que indicarán se un produto é mellor ou peor en función da cantidade de determinados nutrientes presentes nel: as graxas, as graxas saturadas e trans, os azúcres e o sal, habituando, deste xeito, ao alumnado na toma de decisións motivadas para unha dieta máis saudable. Daremos a maior difusión posible do proxecto para que toda a comunidade educativa tome conciencia da importancia do saber comer e promover a elección máis axeitada nutricionalmente. Como as novas tecnoloxías chegan dunha maneira signific

Introdución

O Proxecto EtiquétaT está pensado para traballar con alumnos e alumnas de tres grupos distintos e de dúas familias profesionais diferentes pero estreitamente relacionadas.  Trataremos de xerar contexto e que os tres grupos de alumnado participen en actividades conxuntas, pois permitiralles intercambiar experiencias e opinións cos seus compañeiros. Levarán a cabo procedementos de reflexión sobre o que fan, como o fan e que resultados logran. Ademais, obterán conciencia da sua contorna, desenvolverán aspectos como a autonomía, ou o pensamento crítico, actitudes colaborativas, destrezas profesionais e capacidade de autoavaliación.  Os dous grupos de alumnado dos cursos superiores farán de guias na aprendizaxe dos máis cativos e ao mesmo tempo axudaranse e complementaranse entre eles. Cabe destacar que, no IES de Vilamarín formamos profesionais da restauración, o futuro próximo do tecido empresarial da contorna e cremos que inculcarlles hábitos saud

Proxecto EtiquétaT

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.  O proxecto EtiquétaT acóllese ao abeiro do Programa Galicons-net do Instituto Galego de Consumo que, a través da Escola Galega de Consumo , axúdaranos a acadar un dos principais obxectivos, potenciar a educación para o consumo responsable nos centros educativos, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado nos distintos ciclos formativos e familias profesionais cos que contamos no IES de Vilamarín, sería o caso de Hostalaría - Turismo e Industrias Alimentarias. Trátase, polo tanto, dun proxecto interdisciplinar no que nos acollémos á modalidade e) etiquetaxe dos bens e produtos alimenta