Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Obxectivos

Obxectivos de EtiquétaT

Aínda que se establecen un número importante de obxectivos a conseguir, están todos relacionados entre sí e unha vez que se vaian desenvolvendo, uns levan a outros.  O propósito rematará coa creación das propias etiquetas identificativas para dispoñer nos pratos e elaboracións creadas diariamente polos alumnos nos obradoiros de cociña e pastelaría do centro. Trataremos tamén de implantar ou modelo de “semáforo nutricional” posto en marcha xa noutros países da Unión Europea que indicarán se un produto é mellor ou peor en función da cantidade de determinados nutrientes presentes nel: as graxas, as graxas saturadas e trans, os azúcres e o sal, habituando, deste xeito, ao alumnado na toma de decisións motivadas para unha dieta máis saudable. Daremos a maior difusión posible do proxecto para que toda a comunidade educativa tome conciencia da importancia do saber comer e promover a elección máis axeitada nutricionalmente. Como as novas tecnoloxías chegan dunha maneira sign...