De colaboracións tan axeitadas coma a dos módulos: (MP0182) Formación e orientación laboral plurilíngüe que se imparte no Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos 1º curso (Dual). Prof.- Olga Painceira, (MP0150) Operacións básicas en bar e cafetaría do Ciclo Medio de Servizos en Restauración 1º curso. Prof.- Iván Antelo e (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva Fachado, nacen ideas de innovación tan creativas coma a elaboración dun vermú tradicional feito cos botánicos clásicos (previa identificación e estudio) e a estructuración da etiquetaxe da botellería traducida ao galego. Unha bebida na que a súa orixe se remonta ao século XVIII e que na actualidade está tan en auxe.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. O proxecto EtiquétaT acóllese ao abeiro do Programa Galicons-net do Instituto Galego de Consumo que, a través da Escola Galega de Consumo , axúdaranos a acadar un dos principais obxectivos, potenciar a educación para o consumo responsable nos centros educativos, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado nos distintos ciclos formativos e familias profesionais cos que contamos no IES de Vilamarín, sería o caso de Hostalaría - Turismo e Industrias Alimentarias. Trátase, polo tanto, dun proxecto interdisciplinar no que nos acollémos á modalidade e) etiquetaxe dos bens e produtos alimenta
Parabens pola creación!!
ResponderEliminar