Saltar ao contido principal

Etiquetado Alimentario + Alimentos Funcionais + Resolución de Conflictos de Consumo



No mes de febreiro desenvolvemos unha xornada formativa enmarcada dentro do programa CORES (Cartaz do Programa CORES) e organizado a través da Escola Galega de Consumo e do Instituto Galego de Consumo e da Competencia (https://consumo.xunta.gal/es).
As distintas temáticas traballáronse a través dunha explicación oral, apoiadas cunha presentación audiovisual e empregando un discurso aberto, de maneira que se facilitou a participación do alumnado.Con esta xornada, pretendeuse acercar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posibles. Nun primeiro momento, enfocada aos tres ciclos colaboradores do proxecto (FPB1, CMCG2 e CMPPR2) e a outros grupos de alumn@s que se adheriron unha vez que se promocionou a actividade dentro da comunidade educativa. En total asistiron uns 150 alumnos e 16 profesores, todo un éxito que se veu reflectido nos contidos educativos dos módulos da oferta formativa do centro: 

Charla Participativa A: Etiquetado Alimentario + Alimentos Funcionais: Fíxose unha análise específica da etiquetaxe alimentaria atendendo á normativa en vigor. Etiquetado nutricional e compoñentes alérxenos dos alimentos. Identificación do concepto de alimentos funcionais. Análise das propiedades máis comúns destes alimentos a través das alegacións da normativa vixente.

Descrición xeral das actividades:
Etiquetado Alimentario:
*A maior parte dos produtos alimentarios que consumimos a diario veñen envasados e teñen unha etiquetaxe específica, cuxo contido está regulado para garantir a saúde e a seguridade do consumidor. Coñecer esta etiquetaxe apórtanos importante información, como a data de caducidade, a data de consumo preferente, a presenza de ingredientes  alérxenos, a orixe e orixe do produto, etc. e outras indicacións que debemos ter en conta á hora de escoller entre a variada oferta de produtos que atopamos no mercado.

*Nesta actividade analízouse de maneira específica a etiquetaxe alimentaria atendendo á normativa en vigor. Préstouselle especial atención á etiquetaxe nutricional, destacando a importancia da información sobre os compoñentes  alérxenos dos alimentos.
Alimentos funcionais:
*Cada vez é máis frecuente atopar á venda alimentos que nos proporcionan algún tipo de beneficio extra para o noso organismo, como os alimentos enriquecidos con ácidos graxos ou vitaminas, os alimentos  probióticos, os alimentos  prebióticos, etc. Coñecer as características específicas destes alimentos e os seus posibles beneficios axudarannos a decidir conscientemente se os incorporamos á nosa dieta.

*Nesta actividade identificouse o concepto de alimentos funcionais e analizáronse as propiedades máis comúns que presentan estes alimentos a través das alegacións indicadas na normativa vixente. Traballouse a publicidade deste tipo de alimentos tendo en conta a súa regulación específica.


Charla Participativa B: Resolución de Conflictos de Consumo: Pasos a seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación en materia de consumo. Funcionamento dos servizos do Instituto Galego de Consumo e as súas vías de resolución de conflictos.

Descrición xeral da actividade:


*Explicouse, de maneira fácil e comprensible, como proceder para presentar unha reclamación en materia de consumo e deuse a coñecer os pasos para seguir antes, durante e despois de presentar unha reclamación.

*Realizouse unha aproximación ao funcionamento dos servizos do Instituto Galego de Consumo e ás súas vías de resolución de conflitos.
💻📚📝📖📕📔📌😲👇















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Elaboramos e deseñamos a etiquetaxe do noso vermú vermello artesán!!

De colaboracións tan axeitadas coma a dos módulos: (MP0182) Formación e orientación laboral plurilíngüe que se imparte no Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos 1º curso (Dual). Prof.- Olga Painceira, (MP0150) Operacións básicas en bar e cafetaría do Ciclo Medio de Servizos en Restauración 1º curso. Prof.- Iván Antelo e (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva Fachado, nacen ideas de innovación tan creativas coma a elaboración dun vermú tradicional feito cos botánicos  clásicos (previa identificación e estudio) e a estructuración da etiquetaxe da botellería traducida ao galego. Unha bebida na que a súa orixe se remonta ao século XVIII e que na actualidade está tan en auxe.

Proxecto EtiquétaT

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.  O proxecto EtiquétaT acóllese ao abeiro do Programa Galicons-net do Instituto Galego de Consumo que, a través da Escola Galega de Consumo , axúdaranos a acadar un dos principais obxectivos, potenciar a educación para o consumo responsable nos centros educativos, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado nos distintos ciclos formativos e familias profesionais cos que contamos no IES de Vilamarín, sería o caso de Hostalaría - Turismo e Industrias Alimentarias. Trátase, polo tanto, dun proxecto interdisciplinar no que nos acollémos á modalidade e) etiquetaxe dos bens e produtos alimenta

O NOSO "CHEGHAR E ENCHER" DE VILAMARÍN.- AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DOS RAPACES DA FPB

AS COMIDAS PARA LEVAR DE VILAMARÍN, AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DE 1º DA FPB En colaboración cos módulos e ciclos de: - (MP0498) Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña do Ciclo Superior de Dirección de Cociña 2º curso. Prof.-Martín Álvarez. - (MP0048) Produtos culinarios do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía 2º curso.- Prof.: Natividad Neira. - (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva fachado, organizamos o noso “cheghar e encher” , as comidas para levar do IES de Vilamarín aberto a toda a comunidade educativa previa reserva.  Potenciouse a alimentación saudable, estudiáronse os alérxenos alimentarios, a simboloxía básica presente nos produtos elaborados e o respecto do medio a través do emprego de recipientes desbotables sostibles e biodegradables (de cana de azucre e folla de palma), o inicio a unha educación de concienciación e promoción de embalaxes ecol