No mes de febreiro desenvolvemos unha xornada formativa enmarcada dentro do programa CORES ( Cartaz do Programa CORES ) e organizado a través da Escola Galega de Consumo e do Instituto Galego de Consumo e da Competencia ( https://consumo.xunta.gal/es ). As distintas temáticas traballáronse a través dunha explicación oral, apoiadas cunha presentación audiovisual e empregando un discurso aberto, de maneira que se facilitou a participación do alumnado. Con esta xornada, pretendeuse acercar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posibles. Nun primeiro momento, enfocada aos tres ciclos colaboradores do proxecto (FPB1, CMCG2 e CMPPR2) e a outros grupos de alumn@s que se adheriron unha vez que se promocionou a actividade dentro da comunidade educativa. En total asistiron uns 150 alumnos e 16 profesores, todo un éxito que se veu reflectido nos contidos educativos dos módulos da oferta formativa do centro: Charla Participativa A: Etiquetad