Saltar ao contido principal

Con Extra de Plástico (O Código dos Plásticos Empregados na Industria Alimentaria)


A miúdo pasan inadvertidos, pero estes símbolos presentes en moitos dos produtos de plástico dos nosos fogares e na industria alimentaria son de gran utilidade: ao consumidor permítenlle coñecer os compoñentes cos que están fabricados; ás plantas de reciclaxe permítelles separar por tipo de resina. Chámase Código de Identificación Plástico, ou  RIC (siglas de  Resin  Identification  Code), e utilízase desde fai corenta anos. 
Como membros activos dun centro educativo no que se imparten ensinanzas das familias profesionais de Hostalaría-Turismo, Industrias Alimentarias e Agraria, formando desde hai 30 anos aos profesionais do tecido produtivo da contorna, pareceunos indiscutible estudiar o continente e deixar a un lado o contido durante un tempo.
Sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e pendente nas sociedades para que, a través desa sensibilización, os estados actúen e tomen medidas ou para que a cidadanía así o esixa.
Achámonos en pleno proceso creativo, á búsqueda dos diferentes plásticos de uso común e descubrindo novidades que nos abraian: Tipoloxía, logotipo, procedencia, efectos adversos, alternativas sostenibles, etc. e atopamos que ningún/ha alumno/a coñecía o significado dos triangulos numerados que podemos atopar en calquer envase plástico.

Onte, o alumnado de 1º curso do Ciclo Básico de Cociña e Restauración a través do módulo (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación.- Prof.: Eva Fachado, en colaboración con Rosa Fernández docente do módulo (MP3009) Ciencias aplicadas I, expuxemos un mural para tentar de concienciar a toda a comunidade educativa de que outro tipo de consumo é posible.
(PETE ou PET, HDPE(Polietileno de alta densidade),V ou PVC(Vinílicos ou Cloruro de  Polivinilo), LDPE (Polietileno de baixa densidade), PP (Polipropileno), PS (Poliestireno), 

Clasificamoss os diferentes plásticos empregados nos produtos alimentarios de uso común e estructuramos o seguinte mural.
Outra alimentación máis sostible e saudable é posible💪




🌈🌟Curtametraxes que nós fan palpitar o corazón e a alma:
A Fundación Reina Sofía presentou unha curtametraxe de animación sobre a problemática dos plásticos na natureza con motivo do Día dos Océanos que se celebra cada 8 de xuño en todo o mundo.
Spoiler: Os plásticos na natureza nunca teñen un bo final.

LEMON.- O corto de animación para concienciar do problema do plástico da Fundación Reina Sofía


Anuncios que poñen os pelos de punta!!
Encántanos💙💚

Anuncio Estrella DAMM.- PLASTICFREE

😟😓A calculadora que nos di como o que comemos e o que bebemos impacta no medioambiente: 
https://www.bbc.com/mundo/noticias-46559942
Para pescudar o impacto climático do que comes e bebes, elixe un dos 34 alimentos da calculadora e a frecuencia coa que o consumes.
A produción de alimentos é responsable dunha cuarta parte das emisións de gases de efecto invernadoiro que contribúen ao quecemento global A produción de alimentos é responsable dunha cuarta parte das emisións de gases de efecto invernadoiro que contribúen ao quecemento global, segundo un estudo da Universidade de Oxford.
Con todo, os investigadores sosteñen que o impacto varía enormemente dependendo de que alimento trátese.Os investigadores sosteñen que o impacto varía enormemente dependendo de que alimento trátese.

🙋Calcula aquí o tamaño da túa pegada ecolóxica… e aprende como reducila!

http://www.vidasostenible.org/huella-ecologica/




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Elaboramos e deseñamos a etiquetaxe do noso vermú vermello artesán!!

De colaboracións tan axeitadas coma a dos módulos: (MP0182) Formación e orientación laboral plurilíngüe que se imparte no Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos 1º curso (Dual). Prof.- Olga Painceira, (MP0150) Operacións básicas en bar e cafetaría do Ciclo Medio de Servizos en Restauración 1º curso. Prof.- Iván Antelo e (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva Fachado, nacen ideas de innovación tan creativas coma a elaboración dun vermú tradicional feito cos botánicos  clásicos (previa identificación e estudio) e a estructuración da etiquetaxe da botellería traducida ao galego. Unha bebida na que a súa orixe se remonta ao século XVIII e que na actualidade está tan en auxe.

Proxecto EtiquétaT

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.  O proxecto EtiquétaT acóllese ao abeiro do Programa Galicons-net do Instituto Galego de Consumo que, a través da Escola Galega de Consumo , axúdaranos a acadar un dos principais obxectivos, potenciar a educación para o consumo responsable nos centros educativos, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado nos distintos ciclos formativos e familias profesionais cos que contamos no IES de Vilamarín, sería o caso de Hostalaría - Turismo e Industrias Alimentarias. Trátase, polo tanto, dun proxecto interdisciplinar no que nos acollémos á modalidade e) etiquetaxe dos bens e produtos alimenta

O NOSO "CHEGHAR E ENCHER" DE VILAMARÍN.- AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DOS RAPACES DA FPB

AS COMIDAS PARA LEVAR DE VILAMARÍN, AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DE 1º DA FPB En colaboración cos módulos e ciclos de: - (MP0498) Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña do Ciclo Superior de Dirección de Cociña 2º curso. Prof.-Martín Álvarez. - (MP0048) Produtos culinarios do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía 2º curso.- Prof.: Natividad Neira. - (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva fachado, organizamos o noso “cheghar e encher” , as comidas para levar do IES de Vilamarín aberto a toda a comunidade educativa previa reserva.  Potenciouse a alimentación saudable, estudiáronse os alérxenos alimentarios, a simboloxía básica presente nos produtos elaborados e o respecto do medio a través do emprego de recipientes desbotables sostibles e biodegradables (de cana de azucre e folla de palma), o inicio a unha educación de concienciación e promoción de embalaxes ecol