Saltar ao contido principal

Publicacións

Proxecto EtiquétaT

Etiquetado Alimentario + Alimentos Funcionais + Resolución de Conflictos de Consumo

No mes de febreiro desenvolvemos unha xornada formativa enmarcada dentro do programa CORES ( Cartaz do Programa CORES ) e organizado a través da Escola Galega de Consumo e do Instituto Galego de Consumo e da Competencia ( https://consumo.xunta.gal/es ). As distintas temáticas traballáronse a través dunha explicación oral, apoiadas cunha presentación audiovisual e empregando un discurso aberto, de maneira que se facilitou a participación do alumnado. Con esta xornada, pretendeuse acercar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posibles. Nun primeiro momento, enfocada aos tres ciclos colaboradores do proxecto (FPB1, CMCG2 e CMPPR2) e a outros grupos de alumn@s que se adheriron unha vez que se  promocionou  a actividade dentro da comunidade educativa. En total asistiron uns 150 alumnos e 16 profesores, todo un éxito que se  veu reflectido  nos contidos educativos dos módulos da oferta formativa do centro:  Charla Participativa A: Etiquetad
Publicacións recentes

Queixos Galegos, Irmáns de Leite

No IES de Vilamarín establecemos lazos colaborativos cos  Consellos Reguladores das diferentes DOP Queixos de Galicia e, a  finais  do mes de marzo, organizamos unha cata comentada para varios grupos(Ciclo Superior de Dirección de  Cociña 1º Curso ,Ciclo Superior de Servizos de Restauración 1º Curso e Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º Curso) do centro onde aprendemos a identificar a etiqueta e contraetiqueta numerada que fai referencia á sua condición de Denominación de Orixe Protexida, características, cualidades organolépticas, normativa de referencia, rastrexabilidade, zonas de produción, orixe e un largo etcétera. A xornada celebrouse para 30 pax. pois tentouse que resultara máis participativa,  ainda  que, había outros tantos ciclos interesados na mesma. A cata foi xestionada por  Óscar Pérez Ramil, Secretario Xerente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa e, desde aquí, enviamos a nosa gratitude polo formación prestada. Seguro que este é o comezo dunha longa colabo

Táboa-Cuestionario: Comproba se a túa alimentación se adecúa ás recomendacións dunha dieta saudable

Táboa-Cuestionario: Comproba se a túa alimentación se adecúa ás recomendacións dunha dieta saudable OS INGREDIENTES QUE PRECISAS PARA UN ALMORZO SAUDABLE🌽🍅🍆🍇🍈🍉🍊🍌🍍🍎🍏🍐🍑🍒🍓🍳🍴🍵🍞🌰☕🔝🔝🔝🔝 FROITA🍇🍈🍉🍊🍋🍌🍍🍎🍏🍐🍑🍒🍓 A froita é unha das mellores opcións para empezar ou rematar un almorzo (e tamén como almorzo único, dependendo da fame coa que arranques). Escólleas de tempada e, sobre todo, escolle as que che apetezan de verdade. As mesturas adoitan ser máis apetitosas que unha única variedade, e ademais algunhas froitas veñen moi arriba combinadas, como o plátano e os froitos vermellos ou o  melón e as mouras. Algo que non falla para levar encima e comer rapidamente a media mañá ou de camiño ao traballo? O trío plátano- mandarina-mazá, en calquera das súas variedades, non require ningunha infraestrutura. Por certo, o  aguacate é unha froita, aínda que na metade do mundo se tome como doce e na outra metade, salgado. Combinan con: outras froitas, queixo

Con Extra de Plástico (O Código dos Plásticos Empregados na Industria Alimentaria)

A miúdo pasan inadvertidos, pero estes símbolos presentes en moitos dos produtos de plástico dos nosos fogares e na industria alimentaria son de gran utilidade: ao consumidor permítenlle coñecer os compoñentes cos que están fabricados; ás plantas de reciclaxe permítelles separar por tipo de resina. Chámase Código de Identificación Plástico, ou  RIC (siglas de  Resin  Identification  Code), e utilízase desde fai corenta anos.  Como membros activos dun centro educativo no que se imparten ensinanzas das familias profesionais de Hostalaría-Turismo, Industrias Alimentarias e Agraria, formando desde hai 30 anos aos profesionais do tecido produtivo da contorna, pareceunos indiscutible estudiar o continente e deixar a un lado o contido durante un tempo. Sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e pendente nas sociedades para que, a través desa sensibilización, os estados actúen e tomen medidas ou para que a cidadanía

Elaboramos e deseñamos a etiquetaxe do noso vermú vermello artesán!!

De colaboracións tan axeitadas coma a dos módulos: (MP0182) Formación e orientación laboral plurilíngüe que se imparte no Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos 1º curso (Dual). Prof.- Olga Painceira, (MP0150) Operacións básicas en bar e cafetaría do Ciclo Medio de Servizos en Restauración 1º curso. Prof.- Iván Antelo e (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva Fachado, nacen ideas de innovación tan creativas coma a elaboración dun vermú tradicional feito cos botánicos  clásicos (previa identificación e estudio) e a estructuración da etiquetaxe da botellería traducida ao galego. Unha bebida na que a súa orixe se remonta ao século XVIII e que na actualidade está tan en auxe.

ASFEGA.- Identificación das proteínas e elaboración de menús sen elas.

MOITAS GRACIAS A ASFEGA POR VIR A VISITARNOS E CONTARNOS COUSAS INTERESANTES SOBRE A FENILCETONURIA E OUTRAS ENFERMIDADES METABÓLICAS O tratamento de moitas enfermidades  metabólicas hereditarias que implican o metabolismo dos  aminoácidos e ácidos orgánicos baséase na restrición de proteínas naturais da dieta. O seguimento estrito destas dietas evita as descompensacións  metabólicas dos pacientes e mellora notablemente o prognóstico destas enfermidades. Varios membros de ASFEGA viñeron ao IES de Vilamarín para informarnos sobre que é a  fenilcetonuria e outras enfermidades metabólicas: - Que alimentos conteñen máis  fenilalanina? - Que é a  fenilalanina? O contido en  fenilalanina dos alimentos vai ligado ao contido  proteico dos mesmos.  As carnes, aves, peixes, ovos, leite e derivados son os alimentos que conteñen na súa composición maior cantidade de proteínas e por tanto son os máis restrinxidos. Conteñen menos cantidade de  fenilalanina os cereais pero débe

AZUCRE PANTASMA +TODA UNHA VIDA AZUCRADA

 Compartindo sinerxias entre os módulos (MP3009)Ciencias aplicadas I e (MP3036)Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación , nacen e medran traballiños coma o que vos mostramos:  - Estudamos e entendemos a estrutura da glucosa para logo lograr identificar e analizar a etiqueta nutricional de produtos alimentarios da vida cotiá. - Traballamos novas metodoloxías coa APP sinAzucar. org : trátase dun proxecto artístico que pretende mostrar mediante a fotografía a cantidade de azucre libre que teñen na súa composición moitos dos alimentos que consumimos habitualmente. A través desta iniciativa, descubrimos que a OMS recomenda reducir a unha cuarta parte (25 gramos diarios) o azucre que se inxere de media en Europa occidental. Pero cando consumimos calquera deses alimentos, de cando en cando somos conscientes da cantidade que nos estamos metendo no corpo, a pesar de que este ingrediente pode crear dependencia e o seu abuso produce sobrepeso,