Saltar ao contido principal

ASFEGA.- Identificación das proteínas e elaboración de menús sen elas.

MOITAS GRACIAS A ASFEGA POR VIR A VISITARNOS E CONTARNOS COUSAS INTERESANTES SOBRE A FENILCETONURIA E OUTRAS ENFERMIDADES METABÓLICAS

O tratamento de moitas enfermidades  metabólicas hereditarias que implican o metabolismo dos  aminoácidos e ácidos orgánicos baséase na restrición de proteínas naturais da dieta. O seguimento estrito destas dietas evita as descompensacións  metabólicas dos pacientes e mellora notablemente o prognóstico destas enfermidades.
Varios membros de ASFEGA viñeron ao IES de Vilamarín para informarnos sobre que é a
 fenilcetonuria e outras enfermidades metabólicas:
- Que alimentos conteñen máis  fenilalanina?
- Que é a  fenilalanina?
O contido en  fenilalanina dos alimentos vai ligado ao contido  proteico dos mesmos. 
As carnes, aves, peixes, ovos, leite e derivados son os alimentos que conteñen na súa composición maior cantidade de proteínas e por tanto son os máis restrinxidos.
Conteñen menos cantidade de  fenilalanina os cereais pero débese controlar a súa inxesta e, por último as verduras, as hortalizas e as froitas son os alimentos con menor contido en  fenilalanina, sendo o seu consumo máis libre.

Explicáronnos como identificar nas etiquetas os productos axeitados para as persoas con estas doenzas.

Compartimos un día xenial; despois da charla axudáronnos a elaborar a súa comida, xunto cos alumnos de 1º de ciclo medio de cociña e gastronomía e como non, ao remate degustaron as elaboracións.

Deixámosvos o enlace á página de ASFEGA:http://www.asfega.es/2019/04/29/jornada-sobre-alimentacion-dietetica-en-pacientes-metabolicos-ies-vilamarin-ourense-15-de-mayo/
e tamén o recetario feito pola Fundación Alicia: http://www.asfega.es/wp-content/uploads/2016/04/RECETARIO-FUNDACION-ALICIA.pdf





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Elaboramos e deseñamos a etiquetaxe do noso vermú vermello artesán!!

De colaboracións tan axeitadas coma a dos módulos: (MP0182) Formación e orientación laboral plurilíngüe que se imparte no Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos 1º curso (Dual). Prof.- Olga Painceira, (MP0150) Operacións básicas en bar e cafetaría do Ciclo Medio de Servizos en Restauración 1º curso. Prof.- Iván Antelo e (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva Fachado, nacen ideas de innovación tan creativas coma a elaboración dun vermú tradicional feito cos botánicos  clásicos (previa identificación e estudio) e a estructuración da etiquetaxe da botellería traducida ao galego. Unha bebida na que a súa orixe se remonta ao século XVIII e que na actualidade está tan en auxe.

Proxecto EtiquétaT

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.  O proxecto EtiquétaT acóllese ao abeiro do Programa Galicons-net do Instituto Galego de Consumo que, a través da Escola Galega de Consumo , axúdaranos a acadar un dos principais obxectivos, potenciar a educación para o consumo responsable nos centros educativos, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado nos distintos ciclos formativos e familias profesionais cos que contamos no IES de Vilamarín, sería o caso de Hostalaría - Turismo e Industrias Alimentarias. Trátase, polo tanto, dun proxecto interdisciplinar no que nos acollémos á modalidade e) etiquetaxe dos bens e produtos alimenta

O NOSO "CHEGHAR E ENCHER" DE VILAMARÍN.- AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DOS RAPACES DA FPB

AS COMIDAS PARA LEVAR DE VILAMARÍN, AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DE 1º DA FPB En colaboración cos módulos e ciclos de: - (MP0498) Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña do Ciclo Superior de Dirección de Cociña 2º curso. Prof.-Martín Álvarez. - (MP0048) Produtos culinarios do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía 2º curso.- Prof.: Natividad Neira. - (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva fachado, organizamos o noso “cheghar e encher” , as comidas para levar do IES de Vilamarín aberto a toda a comunidade educativa previa reserva.  Potenciouse a alimentación saudable, estudiáronse os alérxenos alimentarios, a simboloxía básica presente nos produtos elaborados e o respecto do medio a través do emprego de recipientes desbotables sostibles e biodegradables (de cana de azucre e folla de palma), o inicio a unha educación de concienciación e promoción de embalaxes ecol