Aínda que se establecen un número importante de obxectivos a conseguir, están todos relacionados entre sí e unha vez que se vaian desenvolvendo, uns levan a outros.
O propósito rematará coa creación das propias etiquetas identificativas para dispoñer nos pratos e elaboracións creadas diariamente polos alumnos nos obradoiros de cociña e pastelaría do centro. Trataremos tamén de implantar ou modelo de “semáforo nutricional” posto en marcha xa noutros países da Unión Europea que indicarán se un produto é mellor ou peor en función da cantidade de determinados nutrientes presentes nel: as graxas, as graxas saturadas e trans, os azúcres e o sal, habituando, deste xeito, ao alumnado na toma de decisións motivadas para unha dieta máis saudable.
Daremos a maior difusión posible do proxecto para que toda a comunidade educativa tome conciencia da importancia do saber comer e promover a elección máis axeitada nutricionalmente.
Como as novas tecnoloxías chegan dunha maneira significativa aos nosos alumnos, creamos o blogue do proxecto que anexionaremos á páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdevilamarin/ e tentaremos que sexa visualmente atractivo, motivador e acorde ás expectativas dos diferentes grupos de alumnado cos que contamos no IES; nel iremos subindo os traballos realizados e incentivando deste xeito aos rapaces implicados para conseguir un reforzo positivo pola súa dedicación e o seu saber facer.
Ao mesmo tempo, contamos que, o resto do alumnado, que non participa activamente no proxecto, tome conciencia e amplíe os seus coñecementos, animando, ademais, para futuras colaboracións ou propostas de proxectos.
Os obxectivos iniciais do Proxecto EtiquétaT son os seguintes:
- Identificar a cadea alimentaria, o manipulador de alimentos e a etiqueta na seguridade alimentaria.
- Coñecer os conceptos básicos sobre a seguridade e hixiene alimentaria e valorar a sua importancia.
- Analizar a normativa xeral aplicada á manipulación de alimentos e á hixiene.
- Coñecer o regulamento (UE) 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.
- Analizar as ETAS (enfermidades transmitidas por alimentos), así coma os tipos, axentes causantes e mecanismos específicos de prevención (Perigos sanitarios. Riscos e toxiinfeccións asociados aos malos hábitos de hixiene).
- Coñecer os métodos de conservación dos alimentos e as boas prácticas alimentarias (guía de prácticas correctas de hixiene GPCH).
- Coñecer, identificar e aplicar as boas prácticas nos distintos procesos da manipulación de alimentos: recepción, almacenaxe, conxelación e desconxelación, abatimento, procesado e mantemento.
- Coñecer o APPCC e a relevancia da rastrexabilidade na seguridade alimentaria.
- Analizar o impacto ambiental, e promover unha concienciación ao respecto. Investigar os produtos de proximidade e a reducción do desperdicio.
- Establecer pautas significativas para acabar unha dieta saudable e equilibrada (pirámide/ roda dos alimentos, necesidades nutricionais por idades, hábitos de vida saudables, etc.)
- Coñecer e distinguir o etiquetado aplicado aos diferentes produtos alimentarios e analizar a información que debe conter.
- Recoñecer os alimentos con selos de calidade diferenciada (DOP, IGP, ETG) e localízalos xeográficamente.
- Investigar acerca do uso de prácticas fraudulentas na etiquetaxe de produtos alimenta- rios e mitos en torno á alimentación.
- Valorar e analizar os materiais que poden estar en contacto cos alimentos e promover os embalaxes ecolóxicos.
- Realizar etiquetas identificativas para os diferentes produtos elaborados nos talleres-obradoiro do centro e promover unha educación para un consumo responsable, educación en valores e hábitos de vida saudables de toda a comunidade educativa.
- Crear un blog na páxina do IES e colgar información relativa e documentación axeitada aos contidos para que o resto da comunidade educativa teña acceso a toda a documentación e poidan tirar proveito do proxecto.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por participar nesta páxina.