Saltar ao contido principal

Introdución

O Proxecto EtiquétaT está pensado para traballar con alumnos e alumnas de tres grupos distintos e de dúas familias profesionais diferentes pero estreitamente relacionadas. 
Trataremos de xerar contexto e que os tres grupos de alumnado participen en actividades conxuntas, pois permitiralles intercambiar experiencias e opinións cos seus compañeiros. Levarán a cabo procedementos de reflexión sobre o que fan, como o fan e que resultados logran. Ademais, obterán conciencia da sua contorna, desenvolverán aspectos como a autonomía, ou o pensamento crítico, actitudes colaborativas, destrezas profesionais e capacidade de autoavaliación. 
Os dous grupos de alumnado dos cursos superiores farán de guias na aprendizaxe dos máis cativos e ao mesmo tempo axudaranse e complementaranse entre eles. Cabe destacar que, no IES de Vilamarín formamos profesionais da restauración, o futuro próximo do tecido empresarial da contorna e cremos que inculcarlles hábitos saudables e os “tres saberes” indispensables: saber ser, saber facer e saber estar axudarannos a formar cidadáns competentes e con pensamento crítico, libre e responsable. Educar o pensamento crítico implica educar a capacidade de tomar decisións, que os alumn@s non acepten como válidas opinións ou afirmacións sen sometelas ao seu propio análise e polo tanto á sua consideración baseándose nos seus coñecementos e noutras opinións ou informacións que lles permita establecer o seu propio criterio do que é verdadeiro e do que é falso. 
Promoveremos a reflexión, o análise, a adquisición da información, a creatividade a estruturación dos argumentos, a decisión, o compromiso e o debate. Traballar cos alumn@s o pensamento crítico permitirá potenciar neles unha serie de valores transversais como poden ser: a humildade, a valentía, a responsabilidade, a exixencia e o respecto, é dicir, formar cidadáns capaces de afrontar os retos do seu futuro próximo. 
O alumnado involucrado no Proxecto EtiquétaT é o que segue: 
- Primeiro curso do Ciclo Básico de Cociña e Restauración da familia profesional de Hostalaría e Turismo. 
- Segundo curso do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía da familia profesional de Hostalaría e Turismo. 
- Segundo curso do Ciclo Medio de Panadaría, Pastelaría e Confeitaría da familia profesional de Industrias Alimentarias. 
Un dous eixes básicos dos que xurde este proxecto é o de mostrar coñecementos importantes na formación que están a estudar como pode ser: qué e como comemos, que taxonomías deben conter as diferentes etiquetas alimentarias que se comercializan hoxe en día, diferenciar os tipos de consumidores existentes segundo a zona na que habitan (rural ou cidade), realizar unha comparativa acerca dos hábitos alimentarios de distintas xeracións, etc. e conseguir, desta maneira, ampliar a visión gastronómica asociada aos diferentes módulos dos ciclos formativos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Elaboramos e deseñamos a etiquetaxe do noso vermú vermello artesán!!

De colaboracións tan axeitadas coma a dos módulos: (MP0182) Formación e orientación laboral plurilíngüe que se imparte no Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos 1º curso (Dual). Prof.- Olga Painceira, (MP0150) Operacións básicas en bar e cafetaría do Ciclo Medio de Servizos en Restauración 1º curso. Prof.- Iván Antelo e (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva Fachado, nacen ideas de innovación tan creativas coma a elaboración dun vermú tradicional feito cos botánicos  clásicos (previa identificación e estudio) e a estructuración da etiquetaxe da botellería traducida ao galego. Unha bebida na que a súa orixe se remonta ao século XVIII e que na actualidade está tan en auxe.

Proxecto EtiquétaT

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.  O proxecto EtiquétaT acóllese ao abeiro do Programa Galicons-net do Instituto Galego de Consumo que, a través da Escola Galega de Consumo , axúdaranos a acadar un dos principais obxectivos, potenciar a educación para o consumo responsable nos centros educativos, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado nos distintos ciclos formativos e familias profesionais cos que contamos no IES de Vilamarín, sería o caso de Hostalaría - Turismo e Industrias Alimentarias. Trátase, polo tanto, dun proxecto interdisciplinar no que nos acollémos á modalidade e) etiquetaxe dos bens e produtos alimenta

O NOSO "CHEGHAR E ENCHER" DE VILAMARÍN.- AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DOS RAPACES DA FPB

AS COMIDAS PARA LEVAR DE VILAMARÍN, AS PRIMEIRAS ETIQUETAS DE 1º DA FPB En colaboración cos módulos e ciclos de: - (MP0498) Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña do Ciclo Superior de Dirección de Cociña 2º curso. Prof.-Martín Álvarez. - (MP0048) Produtos culinarios do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía 2º curso.- Prof.: Natividad Neira. - (MP3036) Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación do Ciclo Básico de Cociña e Restauración 1º curso.- Prof.: Eva fachado, organizamos o noso “cheghar e encher” , as comidas para levar do IES de Vilamarín aberto a toda a comunidade educativa previa reserva.  Potenciouse a alimentación saudable, estudiáronse os alérxenos alimentarios, a simboloxía básica presente nos produtos elaborados e o respecto do medio a través do emprego de recipientes desbotables sostibles e biodegradables (de cana de azucre e folla de palma), o inicio a unha educación de concienciación e promoción de embalaxes ecol